É Domingo! O día do Señor


É DOMINGO…

Cambia de ritmo:  descansa e vive con máis tranquilidade, pois é un día de festa.

Cámbiate de traxe, adorna a mesa do comedor, e deséxalle a todos un bo domingo.

Mira as cousas polo seu lado bo. Visita á túa familia e aos teus amigos…

Admira a natureza, visita un museo, unha abadía,…

Reúnete coa comunidade cristiá, escoita con ela a Palabra de Deus e celebra a Eucaristía.

DÉIXATE FACER POR DEUS…

Winner on the mountain top. Sport and active life concept

 

A novidade radical que a Eucaristía introduce na vida do ser humano estivo presente sempre na conciencia cristiá. Os fieis percibiron axiña o influxo profundo que a celebración eucarística exercía sobre o seu estilo de vida. Ignacio de Antioquía xpresaba isto definindo aos cristiáns como os que chegaron á nova esperanza, e os que viven segundo o domingo.

CYq_pVJWQAEhBll

O domingo é o día en que o cristián atopa aquela forma eucarística da súa existencia que está chamado a vivir constantemente. Vivir conforme ao domingo quere dicir vivir conscientes da liberación traída por Cristo e desenvolver a propia vida como ofrenda de si mesmos a Deus, para que a súa victoria se manifeste plenamente a todos os homes a través dunha conduta renovada intimamente   (Benedicto XVI)