Sínodo 2018


Están reunidos en Roma un bo grupo de bispos e xoves para  traballar este tema Los jóvenes, la fe y el discernimiento vocacional. Estarán alá ata finais do mes de outubro, e a Conferencia Episcopal española proponnos varias iniciativas para achegarnos ao Sínodo:

  1. Cadea de oración:  pedindo polo Sínodo, uníndonos nunha soa pregaria toda a Pastoral xuvenil de España. Á nosa diocese tócalle o día 11 de outubro ás 16 h. Sería estupendo que durante este ratiño (de 16 a 17 h), te uniras en oración pedindo polos froitos do Sínodo, para que realmente sexa un encontro de Igrexa que propoña camiños novos no traballo cos xoves.
  2. Reflexión diaria: cada día, o Departamento de P. Xuvenil da CEE editará unha pequena reflexión ou noticias relacionadas co Sínodo.

Que che parece se nos unimos a todo isto? Contamos contigo?

Anuncios