Seguimos facendo camiño


Hai uns días recibíamos a noticia da marcha do noso Bispo á diocese de León. Esta é unha nova que nos deixa descolocados; algo inesperado que nos leva a pensar en «agora, que?».

Cando chegou á diocese o P. Luis Angel hai algo máis de 4 anos, el uniuse a toda a diocese no camiño que estabamos a facer. Camiñou connosco: unhas veces ao noso carón, outras detrás e outras, tirando por nós, pero o camiño fixémolo xuntos. Tócanos agora agradecer estes anos, e seguir facendo camino xuntos, para seguir nese proceso de transformación da nosa diocese nunha comunidade máis misioneira e samaritana.

Deja un comentario