Bautismo do Señor


   

Coa festa do bautismo pechamos o tempo de Nadal. Atopámonos a Xesús respondendo ás grandes preguntas existenciais: quen son? de onde veño? cal é a miña misión?

Xesús recibe o bautismo de Xoan no medio do pobo. O relato do evanxeo di que ao saír das augas, logo de ser bautizado, Xesús viu racharse o ceo e experimentou que o Espírito de Deus baixaba sobre el. Foi posible o encontro con Deus a través do seu Fillo. Sobre a terra camiñaba un home cheo do Espírito de Deus. Chamábase Xesús e viña de Nazaré.

Pensemos agora no noso bautismo. Incorpóranos a Cristo, inxertándonos nel, comunícasenos o seu Espírito e transfórmanos en fillos de Deus.

Polo noso bautismo, entramos a formar parte da familia de Deus, incorporámonos á Igrexa, amósasenos a nosa misión.

A Igrexa ofrécenos días como este para ver a nosa propia vocación cristiá no espello de Xesús, por iso:

+ que penso do meu propio bautismo?

+ que significa para min ser cristián?

+ abonda con ir á misa, colaborar coa parroquia, dar un pouco do meu tempo, ou ser cristián significa algo máis?

+ que me pide a min a Igrexa?…

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s