San Martiño de Tours


Unha das persoaxes que máis pouso deixou nas parroquias de Galicia é Martiño de Tours. Son moitas as comunidades que lle teñen devoción a este santo, que levan o seu nome ou que teñen algún altar coa súa imaxe.

Na nosa U.P. a Basílica leva o nome de Martiño, e celebramos esta festa tamén, honrando a aquel que soubo facer da súa vida un xesto de amor, e descubrir o rostro de Cristo no rostro do pobre.

Deixamos aquí un texto de san Ambrosio (doutor da Igrexa do s. IV), que anque non fala do santo que celebramos hoxe, Martiño de Tours, si nos pode axudar a seguir o seu exemplo na actualidade:

Nesta terra de exilio todos somos hóspedes pasaxeiros. por un tempo alonxámonos baixo un teito; pronto vai ser preciso desaloxalo. Esteamos atentos! Se fomos duros ou neglixentes en acoller ao estranxeiro, unha vez acabada a nosa vida, os santos, poderán rechazarnos e non acollernos.

(…) cando acolles a un estranxeiro, acolles a Deus. O Señor Xesús afírmao no seu evanxeo: Era estranxeiro e acolléstesme. O que fixestes cun destes meus humildes irmáns, comigo o fixestes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s