Somos unha gran familia contigo


    Un ano máis temos ás portas a celebración do Día da Igrexa diocesana: será o vindeiro domingo 12.

Esta xornada quere recordarnos que formamos unha gran familia: todos os cristianos e cristianas que camiñamos nesta Igrexa particular de Mondoñedo-Ferrol. Todos corresponsablemente, levamos adiante o anuncio do Reino, a evanxelización. Todos poñemos o noso gran de area: co noso tempo, as nosas forzas, o noso traballo, a nosa colaboración. Tamén, coa nosa economía, pois nas familias todos aportan o que poden para que se leven adiante os diferentes proxectos e accións pastorais.

Recorda que na nosa Unidade Pastoral puidemos amañar uns locais onde temos un montón de reunións e actividades e fixémolo, grazas á axuda de moitos/as irmáns/ás nosos que colaboraron economicamente na colecta do Día da Igrexa diocesana. Coa aportación que fixemos desde as parroquias da nosa UP e co que desde a diocese se nos deu, froito da Colecta deste día, hoxe temos uns locais que podemos compartir e do que nos beneficiamos moitas persoas.

O lema reza así: Somos unha gran familia contigo. Contamos contigo. Ti tamén es Igrexa.

Bispo I. diocesana   Aquí podes ver a carta que Mons. Luis Angel de las Heras nos dirixe a toda a diocese co gallo da celebración desta xornada.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s