Catequese, un proceso de educación na fe


    Arranca este domingo, día 15, a catequese na nosa Unidade pastoral: ás 10 h. en Vilaronte, e ás 11 h. en Foz e Fazouro.

Empezamos todos os cursos agás os máis pequerrechos (1º primaria); con estes xa avisamos cando empezamos. Mañá xuntámonos nas igrexas, e a partires dos seguintes domingos, xa estamos nos Locais.

Recorda que a catequese non é só para recibir un sacramento. É un proceso que pretende iniciarnos na fe e, a través dun proceso persoal, poder chegar a sermos cristians por opción e compromiso.

A catequese pretende axudar a ser cristiáns: por iso nos formamos, oramos, celebramos… e facémolo en comunidade.

Agradecemos desde aquí o labor das catequistas: Loli, Elba, Gloria, María, Marisa, Asun, Tere, Juana, Pili, Eugenia, Fátima, Derek, Valín… Desinteresadamente están a levar adiante este traballo de educación na fe dos máis peques.

Precisamos máis voluntarios para a catequese. É certo que o noso traballo complementa o que fan os pais e nais: eles son os primeiros educadores na fe dos rapaces. Entre o que aprenden e viven na casa, e o que aprenden e viven na parroquia, estes nenos poden ir facendo camiño, coñecendo a Xesús, o seu evanxeo e a súa Igrexa.

Na parroquia somos familia, e entre todos educamos na fe. Estamos moi ilusionados, un ano máis con este servicio. Oxalá poidamos ser bos transmisores na fe

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s