Novenas de O Carme


A nosa Unidade pastoral xa está a preparar as diferentes novenas na honra da Virxe do Carme que temos. A devoción a María nas nosas parroquias é moita e baixo varias advocacións pero, sen dúbida, a advocación do Carme, é a que leva a palma.

Xa andamos a voltas coa novena, temos 3 na nosa UP:

Esta imaxe é a que se venera na Capela da Frouxeira na parroquia de Sta. Cecilia. A novena xa está en marcha desde o pasado sábado 1, ás 20.30 h. Contamos coa axuda de Lorenzo Martínez, o párroco de San Acisclo, que é natural de Sta. Cilla. Esta fin de semana, os días 8 e 9 teremos as festas.

     Este retablo pertence á Capela do Carme en San Martiño. É unha das que máis devoción popular ten. Mostra diso é o número de visitas coa que conta esta capela durante todo o ano, e a gran cantidade de flores que os/as devotos/as deixan na mesma. A novena nesta capela, comezará o venres 7 de xullo ás 19 h.

   Esta imaxe é a patrona de Foz. Todo o ano ten visitas de moitas persoas que veñen facer a súa pregaria diante dela. Non hai día no que se deixe de ver xente orando diante desta imaxe, e son moitos os que durante o ano, sobre todo se están fora de Foz, levan a súa estampa na carteira ou a teñen na casa.

En Foz tamén empezamos a novena o día 7 ás 20 h. Como é costume teremos con nós varios sacedotes que virán predicar ao longo da novena. O canto estará animado por varias persoas: contaremos con Tere Nécega, co coro Mar aberto e coa Coral Polifónica de Foz: todo é pouco á hora de honrar a María.

Temos na UP oportunidades para facer un camiño con María. Seguro que pode ser unha boa ocasión para afianzar a nosa fe, e cargar as pilas. Descansamo no verán, e con María, camiñamos, para sermos discípulos-misioneiros no mundo de hoxe e na nosa Igrexa diocesana.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s